lunes, 23 de marzo de 2020

22 de marzo

Bo día a todos e todas


Tendo en conta que con todas as materias estades a recibir a información do traballo que hai que facer a través de Edmodo, eu tamén vou a facer o mesmo. Penso que así vos resultará máis fácil recibir documentos e enviar o traballo.   



O código de aceso para a aula de 2 ESO CIENCIAS SOCIAIS é:  xk65qs


Os vídeos imolos seguir vendo a través de Edpuzzle.

Se tedes posibilidade informade aos vosos compañeiros. 
Moitas grazas
Roberto

miércoles, 18 de marzo de 2020

mércores 18 de marzo


2º ESO CIENCIAS SOCIAIS

Bo día a todos e todas, coa esperanza de que continuedes con  ganas de traballar poñémonos mans a obra. Moito animo! Xa veñen uns días de descanso

Imos a continuar pola mortalidade e esperanza de vida (corresponde coas páxinas 212 e 213 do libro de texto)

Tedes un video dispoñible en Edpuzzle sobre “mortalidade e a esperanza de vida”

Como facemos habitualmente visionade o vídeo (sería interesante que cada parte se vira polo menos 2 veces) e facede un pequeno resumo

Se conseguides máis dun 80% de acertos non tedes que facer o resumo

Debes contestar tamén as preguntas de claves para estudar  da paxina 213

Unha vez feito, debes enviarme tanto o resumo como as respostas as preguntas para corrixilas.

Se tedes algunha dúbida enviádeme un correo a roberto@centrogalen.com ou podedes escribir nos comentarios do blog. Responderei o antes posible.

Unha aperta moi grande

lunes, 16 de marzo de 2020

luns 16 de marzo


2º ESO CIENCIAS SOCIAIS

Bo día a todos e todas, coa esperanza de que teñades ganas de traballar  poñémonos mans a obra. Moito animo!

Imos a iniciar un novo tema: a poboación do mundo.

Hoxe imos comezar pola dinámica de poboación. A natalidade (corresponde coas páxinas 210 e 211 do libro de texto)

Tedes un video dispoñible en Edpuzzle sobre “a natalidade”

Como facemos habitualmente visionade o vídeo (sería interesante que cada parte se vira polo menos 2 veces) e facede un pequeno resumo

Debes contestar tamén as preguntas de claves para estudar  da paxina 211 (incluído o pensa)

Unha vez feito, debes enviarme tanto o resumo como as respostas as preguntas para corrixilas.