lunes, 23 de marzo de 2020

22 de marzo

Bo día a todos e todas


Tendo en conta que con todas as materias estades a recibir a información do traballo que hai que facer a través de Edmodo, eu tamén vou a facer o mesmo. Penso que así vos resultará máis fácil recibir documentos e enviar o traballo.   



O código de aceso para a aula de 2 ESO CIENCIAS SOCIAIS é:  xk65qs


Os vídeos imolos seguir vendo a través de Edpuzzle.

Se tedes posibilidade informade aos vosos compañeiros. 
Moitas grazas
Roberto

miércoles, 18 de marzo de 2020

mércores 18 de marzo


2º ESO CIENCIAS SOCIAIS

Bo día a todos e todas, coa esperanza de que continuedes con  ganas de traballar poñémonos mans a obra. Moito animo! Xa veñen uns días de descanso

Imos a continuar pola mortalidade e esperanza de vida (corresponde coas páxinas 212 e 213 do libro de texto)

Tedes un video dispoñible en Edpuzzle sobre “mortalidade e a esperanza de vida”

Como facemos habitualmente visionade o vídeo (sería interesante que cada parte se vira polo menos 2 veces) e facede un pequeno resumo

Se conseguides máis dun 80% de acertos non tedes que facer o resumo

Debes contestar tamén as preguntas de claves para estudar  da paxina 213

Unha vez feito, debes enviarme tanto o resumo como as respostas as preguntas para corrixilas.

Se tedes algunha dúbida enviádeme un correo a roberto@centrogalen.com ou podedes escribir nos comentarios do blog. Responderei o antes posible.

Unha aperta moi grande

lunes, 16 de marzo de 2020

luns 16 de marzo


2º ESO CIENCIAS SOCIAIS

Bo día a todos e todas, coa esperanza de que teñades ganas de traballar  poñémonos mans a obra. Moito animo!

Imos a iniciar un novo tema: a poboación do mundo.

Hoxe imos comezar pola dinámica de poboación. A natalidade (corresponde coas páxinas 210 e 211 do libro de texto)

Tedes un video dispoñible en Edpuzzle sobre “a natalidade”

Como facemos habitualmente visionade o vídeo (sería interesante que cada parte se vira polo menos 2 veces) e facede un pequeno resumo

Debes contestar tamén as preguntas de claves para estudar  da paxina 211 (incluído o pensa)

Unha vez feito, debes enviarme tanto o resumo como as respostas as preguntas para corrixilas.


jueves, 20 de febrero de 2020

Importante.

Deixovos o test correspondente ao tema 6: Os reinos cristiáns 

Lembrade que será avaliado e que podedes utilizar o libro de texto ou outras ferramentas para contestar as preguntas. É importante entender que esta é unha ferramenta máis para aprender, que incluso pode servir para autoavaliar os vosos coñecementos antes do exame,  pero non substitúe ao traballo de aula, nin ao libro de texto,  nin vos libera de realizar os vosos propios esquemas e resumos para  estudar.

A data fin para a realización do test son as 23:00 do xoves 27 de febreiro

2º ESO. Os reinos cristiáns hispánicos